A asociación Olvido de Pol celebra o sábado o tradicional cocido
TerraChaXa
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol organiza este sábado, 26 de marzo, unha comida con cocido no restaurante A Saleta de Mosteiro.
23 Mar 2022
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol organiza para este sábado, 26 de marzo, unha comida con cocido no restaurante A Saleta de Mosteiro.
Esta xuntanza recupérase tras un ano de parón debido á pandemia xa que se trata dunha celebración tradicional do colectivo de Pol.
O xantar dará comezo ás 14.00 horas e ademais de cocido haberá postre e bebida. Ten un custe de 20 euros para socias e 25 para os non socios.
Para apuntarse haberá que chamar ao 633 378 590, a Mercedes presidenta da asociación ao 666 230 570 ou Rosa 616 129 825.