Asociacións de Cospeito organizan unha excursión a Oviedo e Luarca o domingo

A Asociación Cultural de San Pedro de Seixas organiza unha viaxe a Oviedo e Luarca o vindeiro domingo 5 de outubro, cun programa que inclúe autobús, almorzo, visita guiada pola cidade de Oviedo, xantar e tempo libre en Luarca. A saída está prevista ás oito da mañá dende os puntos habituais de recollida.
O prezo da actividade é de 45 euros para socios e 55 euros para non socios. As persoas interesadas poden inscribirse antes do 31 de setembro a través de calquera membro da directiva, reservándose a praza unha vez efectuado o pagamento correspondente. A excursión conta coa colaboración da Asociación Veciñal Cruceiro de San Pedro de Seixas e da Asociación Veciñal Vilapene.