Asubiíños da Chaira organiza este venres un festival

TerraChaXa
Será a partir das 20.00 horas na casa da cultura da Feira do Monte
cartel-do-festival-asubiinos-da-chaira
Cartel
12 Xuño 2024

O grupo Asubiíños da Chaira celebrará este venres, 14 de xuño, un festival que ofrecerá diversas actuacións na que participarán os nenos e nenas da zona con idades comprendidas entre os 2 e os 16 anos.

A sesión terá lugar a partir das 20.00 horas na casa da cultura da Feira do Monte. Ademais das formacións infantís actuarán tamén las Panderetieras de Muimenta, Lis Latas, a escola da asociación cultural Cántigas e Frores e a Patrulla Canina.

A entrada ao evento é gratuíta ata completar o aforo.

Neste evento colaboran a ANPA de Muimenta, a asociación de mulleres rurais Cousas Nosas e o Concello.

O cartel do evento foi deseñado de Maitane Gerbolés, gañadora do concurso de carteis de Asubiíños.

0.10397791862488