Asubiíños da Chaira reúne a numerosos artistas no seu festival de fin de curso
O colectivo Asubiíños da Chaira organiza este venres o seu festival fin de curso baixo o lema Festival das artes, viaxe de Fin de curso ao noso concello.
Nesta sesión participarán diferentes artistas das distintas parroquias cospeitenses en distintas especialidades artísticas. Así está prevista a colaboración de Tania Cabarcos en Goá ou mesmo de Luis Tosar, de Xustás, que se achegarán de xeito virtual para apoiar a este colectivo.
Tamén contarán no festival coa presenza de Iago Montero (malabarista de muimenta), Lidia Chao (cantante de Muimenta), Manolo Carballeira (pintor de Sistallo), Beteluma (cantareiras de Santa Cristina) e as Pandereteiras de Muimenta.
Por suposto, os anfitrións serán os Asubiíños e os Asubíos da Chaira.
A celebración está prevista para as 20.00 horas na casa da cultura da Feira do Monte con entrada libre e de balde.