Asubíos da Chaira abre a inscrición para o seu curso de música tradicional

TerraChaXa
O colectivo cultural Os Asubíos da Chaira de Cospeito está a preparar a nova tempada, que estará marcada pola incidencia do coronavirus.
22 sep 2020

O colectivo cultural Os Asubíos da Chaira de Cospeito está a preparar a nova tempada, que estará marcada pola incidencia do coronavirus. Aínda así o grupo prepara unha nova edición do curso de música tradicional.

Como en anos anteriores, os interesados nesta formación deberán anotarse en pandeireta, tamboril, cunchas ou gaita, que son as especialidades que se impartirán. Os interesados deberán formalizar a matrícula nos teléfonos 661270698 ou ao 628631557.

0.09293794631958