Asunción dos Ares in memoriam

TerraChaXa
A semana pasada finou na súa casa dos Ares, nos Vilares, Asunción Lobeiras Díaz con 101 anos cumpridos e máis dun século de memoria como testemuña dunha época trascendental.
Pastora Veres con Asunción Lobeiras
8 Nov 2017

A semana pasada finou na súa casa dos Ares, nos Vilares, Asunción Lobeiras Díaz con 101 anos cumpridos e máis dun século de memoria como testemuña dunha época trascendental. Non son moi amigo de lembrar nin homenaxear a xente despois de morta, máis a Asunción xa a homenaxeamos en vida coa distinción do Premio Trapeira de Honra neste ano que se vai porque representou perfectamente a todas as mulleres do rural, anónimas, que en tempos tan difíciles como a guerra civil, a posguerra, a escasez de recursos, as necesidades máis básicas convertiron a estas mulleres en autenticas heroínas e grazas ás cais gozamos dunha vida mellor. No caso de Asunción, viúva de moi nova e con fillos pequenos por criar, foi dobremente difícil, máis nunca lle faltou o seu sorriso até o último suspiro de vida.

Lonxe de calquera foco mediático, no anonimato de milleiros de mulleres do rural, Asunción é hoxe para nós a imaxe das mulleres galegas loitadoras, un icono de dignidade.

A nosa Trapeira de Honra, honrada na entrega do premio por mulleres exemplares de hoxe como Tereixa Novo (Fuxan os Ventos), María Xosé Silvar SÉS, Arantxa de Galindo (Los Satélites), Sandra Tenreiro, as mulleres poetas Guitiricas da NPG ou Pas Veres, formará parte da nosa lembranza colectiva como modelo de loita, sacrifício e amor pola súa tribu desde o traballo silencioso.

Con Asunción ao igual que con outra moita xente maior do nóso rural, vaise a lembranza doutros tempos, a sabiduria popular e e o exemplo dunha xeneración inigualabel. Con eles vai morrendo, tamén, o nóso rural, a nosa cultura popular e con ela as nosas orixes, o que somos. Sin memória morremos como pobo, por iso manter na lembranza a persoas como Asunción dos Ares, contribúe a facer país porque persoas como ela son a nosa esencia; a humildade, o traballo, o compromiso, a loita e a alegría.

Sempre en nós Asunción dos Ares, Trapeira de Honra.

Antón de Guizán, Presidente da Asociación Sócio-Cultural
Os Vilares, lareira de soños


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18210697174072