Ata 16 equipos de fútbol 8 alevín mediranse no segundo torneo organizado pola SD Guitiriz
Dezaseis equipos mediranse no II Torneo Fútbol 8 da categoría alevín que se desenvolverá en dous campos do Suso Cruz o sábado 30 de setembro organizado pola SD Guitiriz.
O grupo A está constituído polo CD Lugo, Victoria, Milagrosa, RC Deportivo B; o B por RC Deportivo, Ural, Burela, SD Guitiriz; o C por R. Ferrol, Calasanz, Castro, Imperator; e o C por Luis Calvo, Atlético Coruña, CD Lugo B e Ural B.
O torneo rexerase polas normas de Fútbol 8 (FGF) aplicadas durante a tempada 2017 / 2018 con equipos cun máximo de 16 xogadores -que poderán ser dunha categoría inferior- por equipo. En calquera caso, a duración dos partidos será de 25 minutos sen descanso; mentres que na final se xogarán dúas partes de 15 minutos cun descanso de 3.
Recibirán trofeos cando menos os catro primeiros clasificados. E, na medida do posible, poderán ser complementados con outra distincións a equipos ou feitos reseñables.
Servizos
A organización facilitará un aperitivo para a media mañá para os participantes. Para o xantar adxuntamos distintas alternativas tanto para participantes coma para asistentes. Tamén haberá servizo fotográfico, servizo de cafetería, bocadillos, etc.