Ata 35 familias de Guitiriz participaron na iniciativa fotográfica sobre os bisavós

TerraChaXa
A exposición estará na Biblioteca Municipal Casa Habanera durante un mes.
bisavos guitiriz 2
21 Mar 2024

A exposición estará na Biblioteca Municipal Casa Habanera durante un mes.

Tivo lugar na Biblioteca Municipal Casa Habanera a presentación da exposición Semente do pasado, colleita do futuro, a iniciativa organizada polo Concello de Guitiriz a través da consellería da área de Integración, Promoción e Servizos Sociais. A campaña tivo unha gran acollida con 35 familias participantes e estará exposta durante un mes.

A idea naceu no mes de xaneiro con motivo de facer un recoñecemento aos bisavós e bisavoas coa recompilación de fotografías orixinais xunto aos seus bisnetos. Á presentación acudiron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e a concelleira Sofía Sánchez, ademais dos bisavós Otilia e Jesús, xunto aos seus bisnetos, Odulia López e a súa bisneta e Lara Paz coa súa filla en representación da bisavoa da familia.

Os bisnetos participantes recibirán un agasallo pola súa participación e todas as fotografías serán destinadas aos bisavós cando remate a exposición.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, destacou o éxito desta iniciativa "que comezou como unha idea de Sofía e converteuse nunha celebración entrañable dos nosos maiores".

0.19461679458618