Ata o 2 de agosto está aberto o prazo para o pagamento voluntario da taxa dos vados en Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
Ata o 2 de agosto está aberto o prazo para efectuar o pagamento voluntario da taxa dos vados en Ribadeo.
25 Jun 2019

Ata o 2 de agosto está aberto o prazo para efectuar o pagamento voluntario da taxa dos vados en Ribadeo. Así o anuncia un Bando da Alcaldía. En total o Concello recadará neste 2019 un total de 58.870 euros.
O período de pagamento voluntario do padrón da taxa de entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, para de vehículos, carga e descarga e mercancías de calquera clase deu comezo o 3 de xuño e rematará o vindeiro 2 de agosto de 2019, ambos inclusive.
No Bando recóllese que ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o período executivo, procedéndose á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o establecido no regulamento xeral de recadación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1342179775238