Atila celebra en Muras a xunta de socios e un xantar

A asociación Atila Amigos dos Cabalos de Muras convoca unha xunta de socios para o domingo 23 de febreiro ás 13:30 horas no local social do Concello de Muras. Durante a reunión, trataranse temas como o estado de contas, as cotas dos socios, a posible ampliación ou cambio da directiva, así como a planificación de rutas e actividades. Ademais, haberá un espazo para rogos e preguntas onde os asistentes poderán expoñer as súas inquietudes.
Tras a xunta, ás 14:00 horas, celebrarase unha comida na que os socios poderán participar de forma gratuíta. No caso de querer asistir con acompañantes, o custo será de 26 euros por persoa.