Atila convoca un curso sobre uso da firma dixital e aplicacións móviles

TerraChaXa
As persoas interesadas poden inscribirse poñéndose en contacto coa directiva da asociación
mobil-ordenador-tecnoloxia
9 Nov 2025

A asociación Atila, Amigos dos Cabalos de Muras lembra o desenvolvemento do curso de aplicacións básicas de Internet, unha proposta formativa subvencionada pola Deputación de Lugo.

Este mes rematará a formación titulada Teléfono móbil: primeiros pasos e a continuación comezará o segundo curso, centrado en Firma dixital, certificados e aplicacións do Sergas, Facenda e sede electrónica, que terá lugar os venres, dende o 5 de decembro ata o 13 de febreiro, no mesmo horario.

As dúas accións formativas estanse impartindo no Local Social de Muras.

As persoas interesadas poden inscribirse poñéndose en contacto coa directiva da asociación a través do correo electrónico atilamuras@gmail.com ou chamando ao teléfono 667 609 990.

⚙ Configurar cookies
0.072729110717773