Atopados oito corpos pola ARDF na fosa común de Santa Mariña de Guitiriz
A asociación pola recuperación dos desaparecidos no franquismo (ARDF) está rematando o traballo na fosa común de Santa Mariña de Guitiriz, na cal ata o momento teñen localizados oito corpos de persoas asesinadas e soterradas polo franquismo en novembro de 1936.
A Asociación pola recuperación dos desaparecidos no franquismo está a levantar a fosa común que hai ao lado da igrexa da Santa Mariña en Guitiriz. Esta asociación de voluntariado que o ano pasado xa levantou a fosa de Vilarraso en Aranga, está traballando dende o luns 8 e xa dende o primeiro momento atoparon os primeiros corpos que foron soterrados na Santa Mariña hai moitos anos.
O BNG lembra que no pleno do mes de marzo aprobouse unha iniciativa dos nacionalistas por unanimidade para servir de apoio a esta iniciativa.