Atopan tubaxes de plomo durante os primeiros traballos na rúa da Pravia

TerraChaXa
Repoñen as acometidas de plomo nunha das seccións da rúa da Pravia, material prohibido desde preto de hai 20 anos.
tubaxes plomo rua da pravia
30 sep 2022

O grupo de goberno do Concello de Vilalba vén de informar á veciñanza da reposición inmediata das acometidas de plomo nunha das seccións da rúa da Pravia, material prohibido desde preto de hai 20 anos.

A posta en marcha dos primeiros traballos nesta rúa coa instalación dunha tubería exterior a modo de by-pass durante as obras con entroques a cada inmoble para garantir o subministro de auga deixou ao descuberto que algunhas das tuberías antigas eran de plomo. O Real Decreto 140/2003 recolle no seu artigo 20 a prohibición da presenza de plomo en augas subministradas a través dunha rede de distribución pública ou privada.

“Para a nosa sorpresa, detectouse que en numerosas acometidas onde se está colocando o bypass atopáronse tuberías de plomo e tamén outras de fibrocemento, polo que lamentamos que non se atallara esta situación en toda a rúa nalgunha das ocasións nas que se levantaron beirarrúas e se fixeron obras”, explicou o concelleiro de Urbanismo, Luis Fernández.

Co inicio das obras na rúa da Pravia porase fin a este problema que se leva arrastrando durante moitos anos, “porque de sabelo, teríamos actuado con anterioridade”, afirman desde o goberno local.

A renovación integral e humanización desta rúa inclúe novas canalizacións para o abastecemento de auga, solventando os problemas dunha instalación antiga, obsoleta, e que agora se sabe que co emprego de materiais xa prohibidos e que deberan terse retirado hai décadas.

tubaxes antigas rua da pravia
0.19871306419373