Avanza a bo ritmo a reforma integral do polideportivo das Pontes
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado por varios membros do equipo de goberno, visitou esta semana as obras de rehabilitación do polideportivo municipal, que permitirán, en palabras do rexedor local “reforma case integral da instalación, mellorando de forma considerable a dotación dun espazo deportivo de referencia na vila. Trátase dunha actuación baseada na procura da sustentabilidade o que suporá un importante aforro enerxético para o Concello das Pontes á vez que económico e medioambiental”
Entre os traballos xa finalizados atópase a substitución da cuberta existente por unha nova de panel sándwich así como a renovación dos seus peches que, xunto coa renovación do pavimento da pista con tarima flotante, de maior aillamento, e o revestimento da fachada con fachada ventilada permitirán un aforro do 18% no consumo enerxético da instalación deportiva.
Co mesmo obxectivo, tamén se procederá a mellorar o sistema de iluminación interior do polideportivo municipal coa substitución das lámpadas actuais por tecnoloxía LED, reducindo a potencia instalada, pasando de 28 a 12 kW, o que permitirá un aforro estimado do 20%
Así mesmo reformaranse as instalacións de producción de enerxía aerotérmica para calefacción, agua quente sanitaria (ACS) e a refrixeración do edificio. Procederase, deste xeito, á sustitución da caldeira eléctrica actual por unha bomba de calor, dúas unidades de tratamento de aire, un acumulador de inercia, para almacenar o calor procedente da bomba, doce sistemas de ventiloconvectores e a obra civil asociada. Estes traballos farán posible un aforro do 36% no consumo de calefacción, auga quente sanitaria e na refixeración do edificio.
O proxecto ten un orzamento de 779.578 euros provintes da achega do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) para proxectos singulares de entidades locais que favorezcan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.