Avanza a rehabilitación da vivenda de mestres na antiga escola unitaria de Saldanxe

TerraChaXa
A intervención ten como obxectivo principal acometer unha reforma integral
obras-escola-unitaria-saldanxe3
29 Jul 2025

O Concello da Pastoriza continúa coa rehabilitación da vivenda de mestres situada no primeiro andar da antiga escola unitaria de Saldanxe, cunha primeira fase que conta cun investimento de preto de 50.000 euros achegados pola Xunta de Galicia e 7.000 euros asumidos polo propio concello.

A intervención ten como obxectivo principal acometer unha reforma integral para corrixir as numerosas deficiencias que presenta o inmoble e, así, poder incorporalo á bolsa de vivendas municipais dentro do programa de vivendas baleiras, enmarcado no Plan Galego de Rehabilitación.

A vivenda quedará distribuída en salón-comedor, cociña, baño, dous dormitorios, recibidor e un espazo destinado a lavadeiro-tendedeiro.

Esta actuación enmárcase dentro da estratexia municipal de recuperación do patrimonio público para darlle un novo uso social.

⚙ Configurar cookies
0.16858696937561