Avanzan a bo ritmo as obras da nova área deportiva e de lecer de Pol

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol ultima os traballos da nova área deportiva e de lecer da capitalidade municipal coa construción dos accesos e a dotación de servizos ao campo de fútbol e á zona de xogos tradicionais.
13 Xan 2021

O Concello de Pol ultima os traballos da nova área deportiva e de lecer da capitalidade municipal coa construción dos accesos e a dotación de servizos ao campo de fútbol e á zona de xogos tradicionais. Tras esta actuación quedará pendente a construción dun ximnasio, os vestiarios e a tribuna do campo de fútbol, ademais da instalación das torres de luz. A previsión do goberno local é que o proxecto, cuxas obras se iniciaron hai máis dun ano, esté rematado a finais da vindeira primavera.

Os traballos para a construción das novas instalacións contan cun investimento de máis de 800.000 euros, dos que a Deputación de Lugo aportou máis de 700.000 e o resto proveñen de fondos municipais e dunha subvención do GDR-2.

As novas instalacións

A nova área deportiva e de lecer de Pol abrangue unha superficie total de máis de 39.000 metros cadrados e sitúase nunha zona próxima ás piscinas, o pavillón, o colexio e a área de recreo do Muíño do Pacio. Contará cun campo de fútbol de céspede natural con grada e vestiarios, outro campo máis pequeno de herba artificial, unha zona de xogos tradicionais con pistas para a práctica da billarda, os bolos, a petanca ou a chave, unha pista de pádel e unha tirolina. O alcalde de Pol ten manifestado a intención de habilitar tamén unha plataforma para caravanas e unha pista de raid hípico.

0.14331912994385