Avanzan a bo ritmo as obras de mellora no Poboado da Fraga

TerraChaXa
Teñen como obxectivo renovar o pavimento das beirarrúas con lastras de formigón recto e a colocación de bordo nos encontros coa estrada
visita-poboado-da-fraga-obras
13 sep 2024

O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de obras, Roberto Rivera Rego, visitaron esta semana as obras de mellora de pavimentos e servizos no Poboado da Fraga (sexta fase) para coñecer o seu avanza.

As obras que avanzan a bo ritmo, teñen como obxectivo renovar o pavimento das beirarrúas con lastras de formigón recto e a colocación de bordo nos encontros coa estrada mentres que a separación entre a beirarrúa e as zonas verdes realizarase con bordo de xardín, mantendo os criterios estruturais e estéticos das fases anteriores, e co mesmo tipo de materiais.

Estas actuacións tamén contemplan a substitución do saneamento de augas pluviais por colectores de PVC e a execución das acometidas domiciliarias. Así mesmo procederase á renovación do alumeado público coa colocación de novos báculos e luminarias ao longo da beirarrúa, coa instalación das canalizacións e cabreados necesarios, creándose tamén a canalización para telecomunicacións.

Ademais, entre os traballos previstos, inclúese a instalación de novo mobiliario urbano, bancos e papeleiras, en toda a zona obxecto da intervención.

A empresa Construcciones Leonardo Miguélez S.L é a responsable dos traballos que contan cun orzamento total de 162.244,19€, financiados con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, e que afectarán principalmente á Rúa Maruja Mallo que, tras desta inversión, contará cos mesmos servizos renovados e unha estética acorde coa que xa presentan o resto de rúas da zona.

0.1517870426178