Avanzan as obras de mellora de servizos da rúa pontesa de Pardo Bazán

TerraChaXa
Avanzan a bo ritmo as obras de mellora de servizos e pavimentos da rúa Pardo Bazán das Pontes cun investimento de 356.124 euros
obras rua pardo bazan as pontes 2022
12 Ago 2022

As obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa Pardo Bazán, un proxecto cun investimento de 356.124 euros, procedentes da Deputación da Coruña, destinadas a mellorar a mobilidade e accesibilidade da zona, avanzan a bo ritmo.

Entre os traballos xa realizados e que están sendo executados pola empresa  Construcciones Fego Atlántico S.L., ocupou un lugar prioritario a ampliación do ancho das beirarrúas e a eliminación dos bordos, dos desniveis e as ramplas co obxectivo de deixara rúa á cota do viario, optando pola mesma solución estrutural e estética desenvolvida noutras zonas do casco urbano.

Así mesmo, e c obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza, creouse un espazo de lecer que inclúese un parque infantil, un parque biosaudable e un espazo de reunión. Tamén se executou un novo sistema de saneamento, a través da creación dun sistema separativo de aguas pluviais e fecais, realizando as acometidas oportunas con cada unha das edificacións existentes, mantendo, no casos que sexa posible, os colectores e os pozos existentes para conectalos coas novas redes. 

Por outra banda, están sendo executados tamén os traballos que permitirán mellorar o alumeado existente, substituíndoo por un novo de maior eficiencia enerxética, coa instalación de novos báculos e luminaria led.

Entre os traballos previstos e que se executarán próximamente, inclúese a renovación dos firmes para o tráfico rodado  que será substituído por aglomerado bituminoso que se suman a renovación do pavimentos da zona peonil que foi substituído por balsosas de formigón.  Así mesmo crearase unha zona de aparcadoiro en batería, manténdose o aparcadoiro que actualmente dá servizo ás instalacións deportivas da zona.

As obras rematarán coa plantación de especies arbóreas e a instalación de mobiliario urbano (bancos, xardineiras e papeleiras) e a sinalización horizontal e vertical do viario.

0.20677590370178