Avazan a bo ritmo as obras da piscina municipal das Pontes

TerraChaXa
As obras de renovación da piscina municipal, financiadas pola Deputación da Coruña e cun orzamento de 347.
Piscina Municipal
2 Jun 2020

As obras de renovación da piscina municipal, financiadas pola Deputación da Coruña e cun orzamento de 347.500 euros, orientadas á adaptación e remodelación dos vestiarios, a zona destinada ao ximansio así como favorecer ás condicións de accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida avanzan a bo ritmo.

Entre os traballos, que arrancaban fai unhas semanas e que están sendo executados pola empresa local Construcciones Canosa S.L ocupa un lugar prioritario a construción dunha nova área de vestiarios para os usuarios e usuarias menores de idade que na actualidade comparten espazo cos adultos.

O obxectivo é crear unha zona de cambio específica, con maior seguridade, comodidade e intimidade para os nenos e nenas que acoden, cada día, á piscina municipal. Así mesmo, os traballos nos vestiarios permitirán aumentar a súa funcionalidade e mellorar o seu deseño, rematando coa xeometría labiríntica.

No caso do ximnasio, como resposta ás demandas dos usuarios e usuarias da instalación deportiva municipal, a sala de máquinas, dispersa nos locais do andar baixo e do primeiro andar, quedará situada no primeiro piso, deixando libre a sala de ximnasia.

Executarase un espazo, independente ao vaso da piscina, e procederase á instalación dun sistema de ventilación para dispor dun ximnasio cómodo, cunha temperatura axeitada e unhas condicións saudables, idóneas para a práctica deportiva.

No andar do piso, ademais da nova división dos espazos para a instalación da sala de máquinas, crearase unha zona de duchas de contraste e un espazo terapéutico, complementario á sauna existente.

Na sala de ximnasia do andar baixo crearase, próxima á entrada da instalación deportiva, unha zona de agarda co mobiliario e equipamento preciso para facer a espera máis agradable, principalmente, ás nais e pais dos usuarios máis novos da piscina e, por outra banda, acometerase a remodelación integral do recibidor da piscina para gañar en modernidade e funcionalidade.

O proxecto deseñado polo goberno local inclúe unha serie de reformas, tanto nos vestiarios como no ximnasio destinadas a favorecer as condicións de accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida. Crearse un aseo e vestiario adaptado, seguindo a normativa vixente e construiranse novas ramplas, tanto para a entrada á instalación deportiva como para o acceso ao novo ximnasio do primeiro andar.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18383193016052