A avenida de Cospeito, cortada ao tráfico o xoves 29 de maio por obras de rexeneración do firme

TerraChaXa
Trátase dunha intervención necesaria para completar a rexeneración íntegra dunha vía que soporta un elevado volume de tráfico diario
avenida-de-cospeito-vilalba
28 May 2025

O vindeiro xoves, 29 de maio, continuarán os traballos de rexeneración do firme na Avenida de Cospeito, centrando a actuación no tramo comprendido entre o cruce coa rúa Foz e a intersección coa rúa Abadín.

Estes traballos obrigarán a cortar o tráfico rodado nese treito, previsiblemente só durante a mañá do xoves. Trátase dunha intervención necesaria para completar a rexeneración íntegra dunha vía que soporta un elevado volume de tráfico diario.

Desde o concello agradecen a colaboración da veciñanza e piden desculpas polas posibles molestias ocasionadas, sinalando que esta actuación permitirá contar cunha estrada completamente renovada e en mellores condicións para a circulación.

⚙ Configurar cookies
0.16689109802246