Aviso de corte de subministro eléctrico en Guitiriz este domingo

TerraChaXa
As parroquias afectadas serán: Sambreixo, Pedrafita, Santa Locaia, Roca, Trasparga, Parga, Becín e Lagostelle, incluíndo o casco urbano
lámpadas-iluminación
12 Apr 2025

O Concello de Guitiriz informa, a través da empresa Begasa, de que este domingo, 13 de abril, producirase unha interrupción do subministración eléctrica que afectará a varias zonas do municipio.

O corte terá unha duración aproximada de tres horas e comezará ás 7:30 da mañá.

As parroquias afectadas serán: Sambreixo, Pedrafita, Santa Locaia, Roca, Trasparga, Parga, Becín e Lagostelle, incluíndo o casco urbano de Guitiriz.

As liñas manteranse con tensión e, unha vez rematadas as tarefas programadas, o servizo restablecerase de inmediato.

Dende o Concello lémbrase a veciñanza que lamentan as posibles molestias que poida ocasionar esta interrupción e agradecen a comprensión.

⚙ Configurar cookies
0.15620303153992