Axenda electoral para hoxe na provincia

LugoXa | TerraChaXa
Presentamos a axenda política dos partidos durante a xornada de hoxe con motivo da celebración das eleccións municipais do 28 de maio
voto eleccions votacion partido
19 Maio 2023

A axenda electoral para hoxe, 19 de maio, na provincia de Lugo: onde, hora e partidos

PSOE

O Saviñao

12,30 h. Encontro do candidato socialista á Alcaldía, Celestino Rodríguez, xunto aos deputados no Congreso, Javier Cerqueiro e Ana Prieto, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, con veciños e veciñas da localidade. Campo da Feira de Escairón.

Chantada

21,00 h. Mitin do Secretario Xeral do PSdeG na provincia, presidente da Deputación e alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participará no mitin do candidato socialista á Alcaldía, Mariano López Nieves. Tamén participará o secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García. Casino (Círculo Recreativo e Cultural).

 

PARTIDO POPULAR

Lugo

12.30 O presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén nun acto coa candidata á alcaldía de Lugo, Elena Candia. Estarán acompañados pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. Xardíns do Eurostars Gran Hotel Lugo

A Fonsagrada

17.00 A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; e o coordinador xeral do PP da provincia, José Manuel Balseiro; visitan A Fonsagrada xunto ao candidato do PP á alcaldía, Bernardo Niño. Casa do Concello.

A Pontenova

19.30 A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; o coordinador xeral do PP da provincia, José Manuel Balseiro; e o deputado mariñán no Congreso, Jaime De Olano, participarán nun mitin xunto á candidata do PP á alcaldía da Pontenova, Conchita Novo. Salón de actos da Casa da Cultura

Lourenzá

19.30 O vicepresidente do PP de Lugo e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde; o portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Pedro Puy; e o secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Lourenzá, Roberto Díaz. Salón de actos da Casa do Concello.

Lugo

20.30 Mitin na Piringalla, Milagrosa e Barrio Feijoo. Antigo cines Yelmo, praza Viana do Castelo.

Riotorto

21.00 A responsable de Política Social do Goberno galego, Fabiola García; o coordinador xeral do PP da provincia, José Manuel Balseiro; e o deputado mariñán no Congreso, Jaime De Olano, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Riotorto, Clemente Iglesias. Salón de actos do Centro Sociocultural.

Palas de Rei

21.30 O vicepresidente do PP de Lugo e responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego, Francisco Conde; e o senador do PP lucense, José Manuel Barreiro, participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Palas de Rei, Pablo Taboada. Salón de actos da Casa da Cultura.

Outeiro de Rei

21.30 A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia; o portavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Pedro Puy; e o representante do Goberno galego na provincia, Javier Arias; participarán nun mitin xunto ao candidato do PP á alcaldía de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao. Restaurante González.

 

BNG

Becerreá

11.00 Asistencia á Feira de Becerreá. Carmen Aira deputada no parlamento galego, Ovidio Montaña Regueiro candidato á alcadía de Becerreá e membros da candidatura.

Lugo

20.00 Encontro do candidato á Alcaldía, Rubén Arroxo coa veciñanza de Fontiñas. Praza do Camiño Primitivo

O Incio

20.00 Acto Público aberto. Xosé Luis Rivas "Mini" deputado no Parlamento Galego, Carmen Aira candidata á Alcaldía do Incio. Polideportivo de CEIP Ricardo Gasset - O Incio

Pantón

20.00 Acto Público aberto. Roi López número 2 da candidatura , Iago Tabares deputado no Parlamento Galego Rosana Prieto candidata á Alcaldía de Pantón. Edificio Sociocultural de Ferreira

A Fonsagrada

20.30 Acto Público aberto. Olalla Ródil deputada no parlamento galego, Rosa Rego candidata á Alcaldía da Fonsagrada. Praza da Igrexa. Fonsagrada.

Burela

20.30 Acto público en Burela. Interveñen Roberto Bouza, candidato nº 3; Sandra Fernández Cillero, candidata nº 2; Rosana Pérez, deputada no Parlamento, e Mario Pillado Mon, candidato á Alcaldía. Hotel Nordés

PODEMOS

Lugo

13.30 Acto pola soberanía alimentaria.  Intervirán Diego López (profesor de FP de Hostalería e membro da candidatura); Brais Fernández (membro do Sindicato Labrego Galego e labrego); Gabriel Vilar (profesor de FP Hostalería e campión galego de coctelería); José Luis Álvarez (empresario de hostalería e profesor); Chus Rodríguez (candidata de Podemos - Esquerda Unida á Alcaldía), presentando o proxecto pola soberanía alimentaria e a aposta polo rural, da Coalición. Haberá unha degustación posterior de kombucha e produtos ecolóxicos. Rúa Quiroga Ballesteros, no lateral da Praza de Abastos, fronte ao Mercado.

CIUDADANOS

Lugo

20.00 Cañas ciudadanas nas Gándaras. Papeame.

VÍA ALFOZ

Alfoz

21.00 horas. O grupo alfocego fará un mitín electoral na casa da cultura coa intervención de Efigenia Maseda, candidata á Alcaldía, Eliseo Lorenzo, número 2 da candidatura, Judit Casabella, número 3 da candidatura, Xabier Pardiñas, número 4 da candidatura, e Xabier Vázquez, mestre do CEIP de Alfoz nos anos 80 e candidato á Alcaldía de Monterroso.

0.11316394805908