Baamonde acolle este sábado un novo torneo de ximnasia rítmica
TerraChaXa
Baamonde acollerá o sábado 30 de abril unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica no que participarán clubs a comarca
27 Abr 2022
O Pavillón de Baamonde acollerá o sábado 30 de abril unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica no que participarán clubs de toda a comarca. De feito, confirmaron a súa presencia a escola municipal de Xove, a escola Porta Norte, Club Violeta, Cluib Xirandela, Club Quicela, Club Filigrana, Club Ximnasia Viveiro e a Asociación Deportiva Aixa.
Este torneo está organizado, como todos os anos, polo Club Violeta, en colaboración co Concello de Begonte.
O torneo dividirase en tres grupos, o nivel B individual prebase será a partir das 10.30 horas, o nivel promoción comezará ás 12.30 horas e a partir das 16.30 horas terá lugar o nivel escolar prebase.