Baamonde acolle un taller de gaita con Daniel Fernández
TerraChaXa
As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol ofrecen un taller de gaita con Daniel Fernández.
14 Abr 2023
As Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol ofrecen un taller de gaita con Daniel Fernández para todos aqueles interesados, o 16 de abril de 2023, no Centro de Formación Musical de Baamonde.
A xornada dividarase en tres sesións, ás 10.00, ás 11.00 e ás 12.30 horas, a primeira de introdución á percusión, a segunda para conxuntos e a terceira para introdución ao conxunto.
O prezo da formación é de 7,50 euros para alumnado das escolas e de 15 para o de fóra.
As persoas interesadas en informarse ou inscribirse deben facelo no teléfono 678 800 245 ou no correo musicocrisanto@gmail.com. Tamén poden apuntarse a través desta ligazón.