Baamonde acolle unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica
TerraChaXa
O Pavillón de Baamonde acollerá o sábado 6 de abril unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica no que participarán clubs de toda a comarca.
2 Abr 2024
O Pavillón de Baamonde acollerá o sábado 6 de abril unha nova edición do Torneo Terra Chá de ximnasia rítmica no que participarán clubs de toda a comarca. De feito, confirmaron a súa presencia as escolas municipais de Xove, a escola Porta Norte de Ribadeo, Club Violeta, Club Xirandela e a Asociación Deportiva Aixa de Sarria, Club Filigrana de Lugo, Club Ximnasia Viveiro e o Club Quicela de Monforte.
Este torneo está organizado, como todos os anos, polo Club Violeta, en colaboración co Concello de Begonte.
O torneo dividirase en dous grupos, o nivel Promoción e Prebase será pola mañá, a partir das 12.00 horas, e o nivel escolar será a partir das 16.30 horas.