Baamonde acollerá unha charla sobre seguridade para persoas maiores o mércores

Este mércores, 30 de abril, o Centro de Día de Begonte, situado na Rúa Praza nº 2 en Baamonde, acollerá unha charla informativa dentro do Plan Maior Seguridade, unha iniciativa destinada a mellorar a seguridade e o benestar das persoas maiores.
A actividade comezará ás 16:00 horas e estará impartida pola Garda Civil, que abordará cuestións clave para a prevención de delitos e situacións de risco que poidan afectar a este colectivo. A entrada é libre, e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición chamando aos teléfonos 687 056 194 ou 982 398 004.
Esta iniciativa está promovida polo Ministerio do Interior, a Xunta de Galicia, o Concello de Begonte e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, dentro dun plan que busca ofrecer ferramentas prácticas para que a poboación maior poida vivir con maior seguridade e autonomía.