Sanidade alivia as medidas restritivas en Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
Baixan os casos activos na provincia coa Mariña case sen casos novos. Hai 27 menos que onte e xa son 858 en total.
4 Dec 2020

O subcomité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, vén de acordar o alivio das restricións en Burela, xunto a outros cinco da comunidade autónoma, onde desde esta medianoite rexerán as medidas restritivas básicas, unha conxuntura coa que se levantará a limitación de mobilidade que até de agora posuían. Esto foi dedibo á boa evolución da situación epidemiolóxica.

Así mesmo, cómpre salientar que Vilalba, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, serán obxecto dunha vixilancia especial por parte do grupo de expertos.

As medidas publicaranse esta tarde no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor desde as 00:00 horas desta medianoite.

OS DATOS

Volven descender unha xornada máis os casos activos de coronavirus na provincia, 27 menos que onte e xa son 858. Este dato vén condicionado coma sempre polos 32 novos positivos (onte houbo 31) e polas 58 altas das últimas 24 horas (as mesmas que onte). Non se rexistraron facelementos polo que mantense en 126 as persoas que perderon a vida dende o inicio da pandemia. Ademais hai tamén un acumulado de infectados de 6.382 e 5.397 curados.

Descende tamén a hospitalización con 2 persoas menos nos centros da provincia. Mantéñense 2 na UCI e 20 no Hospital de Lugo (un menos), 3 no da Mariña e 3 no de Monforte (os mesmos que onte nos dous casos). Tamén foi dado de alta o paciente ingresado no Polusa de Lugo.

Por concellos, a situación segue á baixa. Burela baixa a 11 (1 menos que onte) e queda fóra da situación de alerta e Foz tamén baixa a 20, 1 menos que onte tamén.

0.17609691619873