Balado reúnese co conselleiro de Cultura para falar de futuras colaboracións

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo unha xuntanza co alcalde do concello lucense de Castro de Rei, Francisco Balado, para explorar vías de colaboración nas materias do seu departamento.
Deste xeito, o encontro do representante da Xunta co rexedor permitiu afondar máis polo miúdo e de primeira man nos proxectos e as necesidades actuais do municipio nas áreas da súa competencia.
Nesta liña, abordaron cuestións vencelladas con propostas de dinamización e programación cultural, coa conservación e posta en valor do patrimonio, con accións para o impulso da lingua galega e tamén sobre aquelas actuacións dirixidas especificamente á mocidade deste municipio.