A Balsa estará de festas a próxima fin de semana
A localidade de Balsa, en Muras, celebrará a primeira fin de semana de outubro as súas festas na honra á Virxe do rosario.
O sábado, haberá misa solemne pola mañá, a partir das 13.30 horas, seguida da tradicional procesión. A sesión vermú estará ao cargo do grupo Magos e, polo noite repetirán estes xunto a Metrópolis.
O domingo 8 a misa abrirá de novo a programación á mesma hora. Non faltará tampouco a procesión e a sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Fénix, coa que rematarán as festas.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.
As festas están organizadas pola Comunidade de Montes e Man Común da Balsa, que contan coa colaboración do Concello de Muras.
As festas están organizadas pola Comunidade de Montes e Man común da Balsa.