Baltar prepárase para celebrar as festas na honra a San Pedro Félix

TerraChaXa
Como colofón, o sábado 10 de agosto celebrarase unha comida veciñal baixo carpa
festas-en-baltar
28 Jul 2025

A parroquia de Baltar, no concello da Pastoriza, vivirá entre o 1 e o 3 de agosto de 2025 as súas tradicionais festas na honra a San Pedro Félix cunha intensa programación que mestura gastronomía, música e tradición relixiosa.

O inicio das celebracións será o venres 1 de agosto cunha churrascada popular a partir das 22:00 horas, seguida dunha verbena amenizada por EvenTec e Cosmedeejay. Durante a noite haberá tamén sorteo de agasallos para os asistentes.

O sábado 2 de agosto terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e dunha animada sesión vermú co grupo D´Kriss. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena protagonizada por D´Kriss e Alabama Show, dous grupos que prometen animar ao público até altas horas da madrugada.

O domingo 3 de agosto repetirase a estrutura do día anterior cunha misa solemne ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú, nesta ocasión a cargo do dúo Son de Festa.

Como colofón ás festas, o sábado 10 de agosto celebrarase unha comida veciñal baixo carpa no campo cuberto, un encontro pensado para o desfrute e convivencia dos veciños e visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.20211696624756