Baroncelle, en Abadín, está de festa
TerraChaXa
A localidade de Baroncelle, en Abadín, estará de festa esta fin de semana na honra á Virxe do Rosario e Santiago Apóstolo.
13 Oct 2023
A localidade de Baroncelle, en Abadín, estará de festa esta fin de semana na honra á Virxe do Rosario e Santiago Apóstolo.
As celebracións darán comezo o sábado coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo de M3 Show. os mesmos que se encargarán da verbena xunto a Zona Zero.
O domingo tamén haberá oficio relixioso e haberá dobre sesión musical, ao mediodía e á noite, de JB Son.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.