Barreiros celebra o Día Mundial do Teatro o 31 de marzo cunha representación

TerraChaXa | AMariñaXa
26 Mar 2019

O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.

O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.

0.15897679328918