Barreiros celebra o mes das Letras 2020 con actividades e charlas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Barreiros celebra o mes das Letras 2020 con actividades e charlas dende o domingo 4 ao sábado 31.
1 1
1 Oct 2020

Barreiros celebra o mes das Letras 2020 con actividades e charlas dende o domingo 4 ao sábado 31.

Este domingo comezará co Bibliodiscoteca de María Faltri no centro sociocultural ás 12.00 horas.

O seguinte domingo será o festival de maxia a cargo dos magos Owy,  Martín Camiiña e Manuel Lamas ás 19 horas no centro sociocultural.

O domingo 18 de outubro chega a obra Aquelando as nosas letras para os nenos no centro sociocultural ás 12.00 horas.

O sábado 24 celebrarán o día da Biblioteca coa presentación do libro de H.M. Rabunhal na biblioteca e o domingo 25 será a quenda da actividade Coñecendo a Carvalho Calero ás 12.00 horas.

Xa o venres 30 de outubro celebrarán o Samaín e o sábado 31 haberá unha conversa arredor da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero a cargo do escritor Henrique da Costa. Será nos colexios vellos de San Miguel ñas 12 horas.

E pola tarde ás 18 horas poñerán en marcha a I edición de Versos na Baixamar, un recital poético coordinado por Lois Pérez.

0.15682983398438