Barreiros conta cun novo camión para a recollida do lixo

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Dec 2020

O xerente da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo (Servicios dos Concellos Galegos) xunto co persoal do mesmo, desprazáronse ata Barreiros para presentar ao Goberno municipal o novo vehículo, "que aporta maior seguridade ao persoal do servizo, así como sistemas de redución de emisións que contribúen a paliar o cambio climático".

A alcaldesa, Ana Ermida, trasladou o agradecemento á empresa “por ter en conta as necesidades do servizo de recollida de lixo e substituír o anterior vehículo que operaba con máis de 30.000 horas de traballo, o que en ocasións ocasionaba avarías que podían afectar ao servizo.”

O vehículo conta con recolector compactador de 16metros cúbicos, elevador de remonte automático, botoneiras a ambos lados, estribeira scon control de presenza, limitador a 30km/h con persoal en estribeira, cámara de visión traseira e alumeado en LED.

Desde o goberno municipal valoran moi positivamente a inclusión de novos sistemas de seguridade, como a inhibición da marcha atrás se o persoal está na estribeira ou o sistema de parada automática se detecta persoas no momento da carga do colector, que redundan en mellores condicións para o persoal dun servizo fundamental.

A alcaldesa quixo tamén recoñecer o traballo levado a cabo polo persoal da empresa concesionaria nun servizo complexo pola carga de traballo, especialmente en determinadas épocas do ano, e pola súa implicación na resolución dos incidentes que poida haber.

0.18530297279358