Barreiros facilita a colocación de terrazas aos locais de hostalería

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha carta ao sector da hostaleira para trasladarlles a decisión do goberno municipal de facilitar, na medida das posibilidades da administración local, a colocación de terrazas en terreo privado ou municipal para poder cumprir co decretado polas autoridades sanitarias e permitir a apertura, aínda que parcial, dos establecementos.
IMG 20200823 WA0007
7 Maio 2020

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha carta ao sector da hostaleira para trasladarlles a decisión do goberno municipal de facilitar, na medida das posibilidades da administración local, a colocación de terrazas en terreo privado ou municipal para poder cumprir co decretado polas autoridades sanitarias e permitir a apertura, aínda que parcial, dos establecementos.

Neste sentido, explica que "desde o goberno municipal permitiremos, previa solicitude, a utilización de espazo público local anexo aos locais de hostaleira para o seu uso privativo, sempre que poida garantirse o tránsito de peóns e as condicións de limpeza e salubridade, para dotar de maior espazo aos locais nas súas terrazas.

Igualmente, aquelas terrazas que se instalen en terreos privados non se verán sometidas ao trámite municipal de comunicación previa de instalacións preceptivo para este tipo de actividade. Simplemente se requirirá por parte dos establecementos que queiran dotar as súas instalacións de espazo de terraza unha comunicación aos efectos de poder realizar o control de distancias e/ou outras medidas sanitarias que poidan dictarse polas autoridades competentes.

En aras de facilitar estas medidas, calquera dos procedementos (solicitude de utilización de terreo público ou instalación en terreo privado) estará exento do pago de ningunha taxa municipal. "

Na mesma misiva, que se fai pública para o coñecemento da totalidade do sector, tamén lles traslada que o goberno local "traballa no deseño de medidas a adoptar por parte da entidade local que poidan contribuír a paliar os efectos das crises derivadas do COVID-19 na súa poboación e, polo tanto, tamén no seu tecido económico."

Neste sentido, convida ao sector a participar nun encontro virtual que se celebrará o vindeiro sábado ás 11 da mañá, xa que previsiblemente ao longo desta semana se concretarán medidas para o sector. A tal fin, as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao correo alcaldia@concellodebarreiros.com para anotarse en dito encontro.

Nesta xuntanza telemática analizarán a situación do sector e as posibles medidas ou actuacións que se poidan realizar desde ou en colaboración coa administración local para o futuro máis inmediato.

0.16271495819092