Barreiros procede á reparación de diversos viais
O Concello de Barreiros procede á reparación de diversos viais neste mes de agosto, actuacións que se prolongarán nas vindeiras semanas e meses.
As actuacións consisten na mellora de accesos a núcleos de poboación que presentaban grandes deficiencias e en moitos casos levaban mais dunha década sen que se actuara nelas.
Neste mes e no vindeiro setembro levaranse a cabo máis de dez actuacións en diferentes parroquias, actuacións que en liñas xerais consistirán na mellora dos pavimentos con doble tratamento e rego asfáltico, limpeza de cunetas, reafirmado e corrección das deformacións existentes.
Estas actuacións de reparación e asfaltado foron nos accesos ao Barral en Celeiro de Mariñaos, accesos a Fixoucos, accesos na Insua e accesos en Vilamartín Pequeno.
Nos vindeiros meses e ao abeiro doutros plans doutras institucións seguiremos con estas necesarias obras de reparación e mantemento da extensa rede viaria que tén o noso concello.