Barreiros recibe 50.000 euros para rehabilitar a cuberta do consistorio

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros fixo pública na súa web municipal a subvención que recibiu do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder, que irá destinada á rehabilitación enerxética da envolvente térmica de cuberta da sede municipal consistorial.
26 Out 2019

Trátase dun proxecto acollido á liña de axudas a proxectos de economía baixa en carbono, promovidos polas entidades locais e confinanciada con fondos Feder, pero xestionada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, IDAE, co obxectivo de conseguir unha economía máis limpa e sostible.

O importe a axuda ascende a 50.132,74 euros e a inversión total é de 62.665,93 euros.

0.096972942352295