Batital actúa este sábado en Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa | LugoXa
O grupo Batital estará o sábado 26 de novembro no auditorio da casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea, no marco da xira de aniversario.
actuacion grupo batital castro ribeiras de lea portada
actuacion grupo batital castro ribeiras de lea portada
24 Nov 2022

O grupo Batital estará o sábado 26 de novembro no auditorio da casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea, no marco da xira de celebración do seu décimo quinto aniversario.

Debido a que se prevé bastante afluenza, e o aforo é limitado, polo que poden recollerse con antelación as entradas. Estas están listas para a súa recollida dende hoxe, xoves 24 de novembro, no bar Valiño, e nas oficinas do Concello en Castro de Rei.

Batital é un grupo de Lugo que fai música moi variada, desde nanas ata tangos pasando por bossas e principalmente música propia.

actuacion grupo batital castro ribeiras de lea
0.18268799781799