Bazar, en Castro de Rei, celebra as súas patronais do 14 ao 16 de xuño

TerraChaXa
A parroquia de Bazar, en Castro de Rei, celebra a fin de semana do 14 ao 16 de xuño as súas festas patronais na honra de San Antón e a Virxe do Socorro.
60874087_1052275331637091_1233250973728636928_n
5 Jun 2019

A parroquia de Bazar, en Castro de Rei, celebra a fin de semana do 14 ao 16 de xuño as súas festas patronais na honra de San Antón e a Virxe do Socorro.

A celebración dará comezo o venres a partir das 21.30 horas cunha churrascada aberta a todos os asistentes, seguida da verbena, que estará a cargo de Alianza.

O sábado os actos iniciaranse ás 13.30 horas coa misa e a procesión seguida da sesión vermú coa orquestra Palladium. Esta mesma formación será a encargada da verbena xunto ao grupo Garibaldi.

O domingo repítese a programación relixiosa pero a animación musical estará a cargo da orquestra Principal en sesión vermú e verbena.

Durante a tarde tamén haberá inchables para os nenos a partir das 19.00 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17319297790527