Begonte abre esta fin de semana o seu mercado de nadal
O Concello de Begonte contará esta fin de semana co anunciado mercado de nadal, que se celebrará o sábado e o domingo na praza Irmáns Souto Montenegro.
Xa está confirmada a participación de 25 expositores que ofrecerán todo tipo de produtos, principalmente orientado a estas datas que nos ocupan pero también doutro tipo. Así poderá mercase artesanía, agasallos, alimentación, produtos naturais, manualidades, cosméticos naturais, roupa e moitas outras cousas.
O mercado estará aberto entre as 12.00 e as 20.00 horas os dous días e ao finalizar a feira, o domingo pola tarde, sortearase unha cesta de nadal entre todos os compradores.
Ademais, haberá actividades para os pequenos durante todo o día.
Con motivo da celebración do mercado, o acceso á praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ao tráfico dende o xoves 16 ás 8.00 horas ata o luns 20, polo que tanto a praza como a rúa de acceso deberán quedar libres de vehículos antes desa hora.