Begonte abre un novo prazo para as axudas á conservación ou rehabilitación de vivendas

TerraChaXa
Begonte ten aberto o prazo e solicitude das axudas para as obras de conservación, rehabilitación ou nova construción de vivendas.
obras vivendas
3 sep 2023

O Concello de Begonte ten aberto o prazo e solicitude das axudas para as obras de conservación, rehabilitación ou nova construción de vivendas.

É obxecto desta convocatoria a regulación da concesión de subvencións establecidas polo concello de Begonte e destinadas ao fomento de construcción de obra nova ou de conservación e rehabilitación de vivenda no termo municipal de Begonte, co obxectivo final da mellora da edificación e contribución á reactivación económica do municipio e fixación da poboación.

Poderán ser obxecto de axuda económica tanto as obras de conservación e rehabilitación de inmobles deshabitados como as obras de nova construcción de inmobles destinados a vivendas unifamiliares.

Poderán ser beneficiarios da axuda ou subvención as persoas físicas que leven a cabo a construcción ou a conservación e rehabilitación dunha vivenda co fin de destinala á súa residencia habitual e que cumpran as condicións esixidas nestas bases e na correspondente ordenanza reguladora. O destino do inmoble obxecto da subvención como vivenda familiar habitual deberá manterse polo menos durante o período de 5 anos.

O prazo de presentación remata o 31 de decembro.

As solicitudes poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Begonte utilizando o Anexo Solicitude ou por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Begonte,  utilizando o trámite destacado denominado Subvención para obras de conservación e rehabilitación ou de nova de construción.

0.13268089294434