Begonte acolle a proxección de 'Lévame a idea' dentro do ciclo de cinema de música tradicional

TerraChaXa
O ciclo busca poñer en valor a música tradicional galega
ciclo-de-cine-tradicional-begonte
18 Jun 2025

O vindeiro sábado 21 de xuño, ás 19:30 horas, a Casa da Cultura de Begonte acollerá a proxección do documental Lévame a idea, no marco do Ciclo de Cine de Música Tradicional.

A actividade, organizada por Castiñeiro Milenario coa colaboración do Concello de Begonte, será de balde e inclúe un coloquio posterior coas directoras do filme.

O ciclo busca poñer en valor a música tradicional galega a través da ollada audiovisual e fomentar o diálogo arredor da cultura popular e a súa transmisión xeracional.

⚙ Configurar cookies
0.1548159122467