Begonte acolle este venrres un obradoiro gratuíto de cestería

TerraChaXa
O 21, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no Club Fluvial de Begonte, levarase a cabo un obradoiro gratuíto con Idoia Cuesta
residencias creativas camino begonte portada
20 Oct 2022

Este venres día 21, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no Club Fluvial de Begonte, levarase a cabo un obradoiro gratuíto con Idoia Cuesta (Premio Nacional de Artesanía 2021, Premio Madrid Craft Week Artesanía Contemporánea 2021, Premio Nacional de Artesanía, Categoría de Producto 2014 e Mención Especial do xurado na categoría Innova nos Premios Nacionais de Artesanía 2011).

Nesta xornada, todas as persoas participantes (que só poden ser adultos) crearán colectivamente unha peza con materiais orgánicos aplicando técnicas de cestería artesanal para partir da natureza dende a propia natureza.

Esta actividade está enmarcada no proxecto Residencias Creativas no Camiño, destinadas a poñer en valor a riqueza do patrimonio material e inmaterial dalgúns dos principais enclaves dos distintos Camiños de Santiago e a diversidade do talento creativo galego actual.

As prazas son limitadas (15) polo que as persoas interesadas deberán facer a inscrición nesta ligazón.

residencias creativas camino begonte

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18058705329895