Begonte acolle o sábado a presentación dunha guía micolóxica da provincia

TerraChaXa
Esta obra, elaborada por Julián Alonso, José Castro, María Cristina García-Echave e Antonio Rigueiro, é unha referencia esencial
guia-micologica-basica
14 Jan 2025

O vindeiro sábado 18 de xaneiro, ás 19:00 horas, a casa da cultura de Begonte acollerá a presentación da 2ª edición do libro Guía micolóxica básica da provincia de Lugo. Esta obra, elaborada por Julián Alonso, José Castro, María Cristina García-Echave e Antonio Rigueiro, é unha referencia esencial no estudo e divulgación da micoloxía na provincia.

A guía inclúe un capítulo dedicado á diversidade micolóxica da zona, fichas fotográficas con descricións detalladas de 202 especies e referencias a outras 384, ademais de información sobre toxicidade e comestibilidade. Completa a publicación un conxunto de anexos con lexislación, bibliografía e un glosario de termos especializados.

Este evento, organizado pola asociación cultural Castiñeiro Milenario, será unha excelente oportunidade para profundar no mundo dos cogomelos e dialogar directamente cos autores, quen compartirán a súa experiencia e coñecementos sobre o fascinante universo micolóxico.

0.065310001373291