Begonte acolle un campamento dixital en xaneiro para a mocidade

TerraChaXa
A actividade está organizada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios os días 2, 3 e 4 de xaneiro
campamento-digital-guitiriz
7 Dec 2024

O Telecentro de Begonte acollerá un campamento dixital para a mocidade o próximo mes de xaneiro. Trátase dunha actividade organizada en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios sobre competencias dixitais.

Será os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas e terá contidos e actividades adaptados para cada idade, con aventuras, misións e retos adaptados á cativada. En cada aventura, os participantes irán adquirindo novas competencias para utilizar a Internet e as ferramentas dixitais de xeito útil, creativo, seguro e responsable.

Neste campamento dixital poderán participar os rapaces e rapazas de 13 a 17 anos de idade.

Para participar é preciso realizar unha inscrición previa, que se pode formalizar nos teléfono 982 396 143 ou 619 455 026 ou presencialmente no Concello.

Nesta actividade, aprenderán a buscar información de valor na Internet, coñecerán as ferramentas para crear contido dixital, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas ou a detectar e previr situacións de ciberacoso, entre outros aspectos.

Este campamento dixital está feito en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios e dentro do Programa de Competencias Digitales para la Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia e financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

0.1695830821991