Begonte acolle un curso de fototrampeo este venres

TerraChaXa
A actividade terá lugar na Aula da Natureza, situada fronte ao Centro de Saúde, ás 17.00 horas
curso-fototrampeo-begonte
30 Sep 2025

O vindeiro venres 3 de outubro celebrarase un curso de fototrampeo para a observación do medio natural, de carácter gratuíto, aberto a todas as persoas interesadas.

A actividade terá lugar na Aula da Natureza de Begonte, situada fronte ao Centro de Saúde, ás 17.00 horas. As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Begonte.

As inscricións poden realizarse no propio Concello de Begonte, nos teléfonos 982 39 61 43 ou 618 70 94 73, ou tamén por correo electrónico en aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.069730043411255