Begonte acolle un curso para familias sobre prevención e detección de condutas adictivas en menores

TerraChaXa
Desenvolverase o venres 13 de xuño, en horario de 16:00 a 22:00 horas, na Casa da Cultura
curso-prevencion-aditivas
9 Jun 2025

O Concello de Begonte, en colaboración coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer), organiza un curso gratuíto dirixido a ofrecer ferramentas ás familias para previr, detectar e xestionar condutas aditivas en menores, tanto relacionadas co consumo de substancias como con comportamentos.

O curso desenvolverase o venres 13 de xuño, en horario de 16:00 a 22:00 horas, na Casa da Cultura de Begonte. Esta formación abordará cuestións clave como a definición das condutas aditivas, as estratexias de prevención dende o fogar, a detección temperá de sinais de alerta e as primeiras actuacións a realizar. Ademais, trataranse formas de afrontar unha situación de adicción dun fillo ou filla e o proceso de recuperación, facendo fincapé na importancia de acompañar sen caer na sobreprotección.

As prazas son limitadas, polo que será necesario realizar a inscrición previa no Concello de Begonte ou chamando ao número de teléfono 982 39 61 43. Esta iniciativa pretende reforzar o papel das familias na loita contra as adiccións, ofrecendo coñecementos e ferramentas prácticas para actuar con responsabilidade e eficacia.

⚙ Configurar cookies
0.17303586006165