Begonte acolle unha charla o mércores sobre demencias
TerraChaXa
O acto terá lugar na Casa da Cultura de Begonte ás 16:30 horas e será impartido polo psicólogo Alberto Cendán Teijeiro
30 Nov 2024
O mércores 3 de decembro, a Escola de Coidadores do Centro de Día de Begonte organiza unha interesante charla sobre o tema das demencias, dirixida a coidadores, profesionais e público xeral interesado en aprender máis sobre esta realidade.
O acto terá lugar na Casa da Cultura de Begonte ás 16:30 horas e será impartido por Alberto Cendán Teijeiro, psicólogo do centro, quen abordará cuestións clave para comprender mellor as demencias, a súa evolución e as estratexias para ofrecer un mellor coidado ás persoas afectadas.
Para participar, é necesario realizar a inscrición previa, que pode facerse chamando ao número 982 398 004 ou enviando unha mensaxe por WhatsApp ao 687 056 194.