Begonte acolle unha charla sobre dano cerebral
O mércores 6 de xuño, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Begonte, terá lugar unha charla se sensibilización sobre o dano cerebral adquirido co título Coñecendo (DCA), impartida pola Neuropsicóloga de ADACE LUGO, Elisa López Fernández, e organizada polo Centro de Día de Begonte da Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia e o Concello de Begonte a través da Escola de Coidadores.
A Neuropsicóloga Elisa López, abordará as causas e consecuencias do Dano Cerebral Adquirido, así como a súa prevención.
O DCA é unha lesión producida nas estruturas cerebrais de forma súbita ocasionando diferentes secuelas físicas, psíquicas e sensoriais. A causa pode ser unha enfermidade (ictus, tumor cerebral...) ou un traumatismo craneoencefálico (motivado por un accidente, golpe, caída, etc.). As consecuencias poden ser trastornos e/ou secuelas físicas, sensoriais, cognitivas (problemas de atención, memoria, linguaxe…), afectivo-comportamentais (alteración do humor e da personalidade, impulsividade…).