Begonte acolle unha charla sobre o dano cerebral adquirido

TerraChaXa
Será o luns 13 ás 16.00 horas na Casa da Cultura
charla-dano-cerebral-begonte
9 Oct 2025

O luns, 13 de outubro, terá lugar na Casa da Cultura de Begonte unha charla informativa titulada Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido (DCA). Esta sesión, que se desenvolverá de 16:00 a 17:15 horas, ten como obxectivo sensibilizar e informar á comunidade sobre o dano cerebral adquirido, un problema de saúde que afecta a moitas persoas e que require apoio especializado.

A charla contará coa intervención de Pablo Freire Portela, traballador social da asociación Dano Cerebral Lugo, quen explicará en que consiste o DCA, as súas causas, consecuencias, e os recursos dispoñibles para as persoas afectadas e as súas familias.

Esta actividade, organizada en colaboración coa asociación Dano Cerebral Lugo e o Concello de Begonte, é aberta ao público e busca proporcionar información útil para comprender mellor esta condición e apoiar a integración das persoas afectadas na sociedade.

Para máis información, os interesados poden contactar coa asociación Dano Cerebral Lugo a través do correo electrónico traballosocial@adacelugo.org e inscribirse no 687 056 194 ou no 982 398 004.

⚙ Configurar cookies
0.068825006484985